Monday 29 de April de 2024

A Escola Galega de Consumo ofrecerá mañá unha charla sobre “Os dereitos das persoas consumidoras durante o verán”


A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha nova charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa “Os dereitos das persoas consumidoras durante o verán”. O tema a abordar mañá, a partir das 12.30 horas, será a “A factura da luz”, segundo avanzaron dende a organización. A pasada semana, tal e como indicaron, quedaron dúbidas e preguntas pendentes, polo que se retomará esta charla, na que se fará unha exposición sobre os dereitos que temos nos meses estivais e se respostará ás preguntas que se formulen.
As persoas que desexen participar deben entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e terán que premer na ligazón habilitada para acceder á mesma.